Libro Selfie

Libro editado e deseñado polo alumnado do Máster de Dirección de Arte Publicitaria da Universidade de Vigo baixo a dirección de Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez / desescribir (desescribir.com).
 
O libro «Selfie» propón unha confrontación entre a identidade individual e colectiva. A partir de autorretratos fotográficos tomados con calquera medio, cada alumna retratou unha parte do seu corpo. Unha vez editados, todos os retratos en conxunto, definen unha representación xenérica do corpo humano. As diferentes partes do corpo acompáñanse dunha imaxe diferente, seleccionada por cada alumna, coa vontade de explorar os diferentes signficados asociados á anatomía humana.
Unha banda de cor no medianil de cada dobre páxina encadernada en bolsa identifica ademais a cada alumna coa tonalidade de cor da súa pel, conformando no corte dianteiro do libro unha orla cromática do curso 2013-2014 do Máster.
 
Os textos para definir as partes do corpo humano son da Wikipedia en castelán (es.wikipedia.org/).
 
A edición, o deseño e as fotografías «selfie» foron elaborados polo alumnado están publicados baixo licenza Creative Commnos CC BY-NC-ND 3.0
© do resto de fotografías: os seus autores
Vídeo: desescribir
 
Edición non comercial e limitada a dous exemplares impresos.
 
Libro Selfie
Published: