«José Suárez. Uns ollos vivos que pensan» foi unha exposición monográfica do fotógrafo de Allariz que, comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, celebrouse no Gaiás, Cidade da Cultura de Compostela. Para iniciar despois un longo percorrido por outros espazos.
Encargámonos da gráfica expositiva e máis da publicación da mostra. Un volume en tapa dura enteada con especial coidado na reprodución da súa obra en branco e negro, chea de matices, impresas en tritono en estreita colaboración coa imprenta Agencia Gráfica.

Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia, 2016
Imaxes: ©Manuel G. Vicente e Laboratorio Numax
José Suárez
Published:

José Suárez

Published: